lunes, 21 de mayo de 2018

"O PROTAGONISTA DA MIÑA HISTORIA É..."

Neste mes de maio a propoasta do Sabichón é confeccionar uns contos, nos que os protagonistas serán elixidos polos nosos nenos e nenas, no que se situarán os personaxes nas diversas etapas históricas do noso mundo.
Ánimo, participade estes contos poderán ser representados as nosas familias!

miércoles, 2 de mayo de 2018

SEMANA DO LIBRO DO 23 AO 27 DE ABRIL

Os diversos recunchos do noso colexio serviron de espazo de lectura, contando cuns contacontos moi especiais. Alumnos e alumnas do I.E.S. AS BIZOCAS colaboraron con nós para poñer en auxe a súa capacidade interpretativa e de lectura. Así agradecémoslles a todos eles e especialmente aos desinteresados membros do Clube de lectura a súa participación.




lunes, 5 de febrero de 2018

SOLUCIÓNS DAS ADIVIÑAS:

VENRES 12/01/2018 ADIVIÑA 001: O ALLO.
VENRES 19/01/2018 ADIVIÑA 002: O PIOLLO.
VENRES 26/01/2018 ADIVIÑA 003: O SAL.
VENRES 02/02/2018 ADIVIÑA 004: O FURADO.
VENRES 09/02/2018 ADIVIÑA 005: O ATAÚDE.
VENRES 16/ 02/2018 ADIVIÑA 006: AS GOTEIRAS.
VENRES 23/02/2018 ADIVIÑA 007: A ESCURIDADE.
VENRES 02/03/2018 ADIVIÑA 008: A CEBOLA.

lunes, 22 de enero de 2018

"CONSTRUÍNDO A LINGUAXE"

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...! Todos os venres na porta de entrada da nosa biblioteca terás unha adiviña. Anota o número da adiviña e escribe a solución. Terás unha semana para entregar a resposta e na semana seguinte recolleremos a solución da seguinte adiviña. Haberá sorpresas...!!!
SOLUCIÓNS:
Venres 12/01/2018. ADIVIÑA 001: O allo.
Venres 19/01/2018. ADIVIÑA 002: O piollo.
Venres 26/01/2018. ADIVIÑA 003: ADIVÍÑAO!

E prepárate,...porque se no trimestre pasado tivemos un concurso de deletreo de palabras, neste contaremos co de "palabras encadeadas". Sabes separar en sílabas unha palabra? Pois axiliza a túa mente e inxenio para empezar unha palabra pola sílaba que remata a palabra anterior

jueves, 7 de diciembre de 2017

"UNHA SOPA DE LETRAS"


"UNHA SOPA DE LETRAS"
ESTE ANO COMEZAMOS CUNHA ANDAINA DE CONCURSOS NO QUE TRABALLAREMOS AS LETRAS DO NOSO ALFABETO.
NESTE TRIMESTRE COMEZAREMOS CO CONCURSO "DELETREO DE PALABRAS", ONDE O SABICHÓN FARÁ UNHA PROPOSTA DE DISTINTAS COLUMNAS DE PALABRAS CON DIVERSAS DIFICULTADES PARA QUE O ALUMNADO AS DESMENUCE E QUE PASEN POLA SÚA GORXA CON MAIOR FACILIDADE.😋
En terceiro imos avanzando co concurso de "Deletreo de palabras" agardando a que cada un consiga deletrear as distintas columnas de palabras con sílabas de características similares.

Cada alumno de cuarto, ao igual que os dos demais cursos, contou cun minuto para deletrear as palabras